domingo, 29 de septiembre de 2013

A ALEGRÍA DOS LIBROS....

sábado, 28 de septiembre de 2013

¡ABRIMOS A BIBLIOTECA! Curso 2013-2014

Xa estreamos o novo curso 2013-14 e o próximo martes día1 outubre 2013 abre a biblioteca, alí ides coñecer o noso GRILO –mascota da nosa bilioteca- e  aínda vos quedará tempo para coller libros prestados, ler, reler, pasar un bo anaco sumerxidos nas paixonantes historias que encerran os libros, en fin... veredes que é un sitio moi chulo

jueves, 26 de septiembre de 2013

SAÍDA O TEATRO



   O próximo día 9 de outubro 2013, os alumnos/as de 2º, 4º, 5º e 6º de Primaria terán unha saida Pedagóxico-Didáctica o Teatro Principal de Santiago de Compostela para ver a obra de Teatro. "Touporroutou da Lúa e do Sol" de Roberto Vidal Bolaño (Letras Galegas 2013)

Psinosis:

Comedia nun acto subtitulada "farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa", que foi representada no ano 1982 polo grupo Antroido. Nela cóntanse as andanzas dunha compañía de teatro ambulante formada por Catarina de Siena e Ramiro de Blasque van representando co seu teatriño de bonecos obras para nenos de pobo en pobo. Chegados a un pobo deciden representar o "Touporroutou  lúa e do sol", peza metateatral pola que van sucedéndose numerosos lances de ton fantástico e simbólico con personaxes xenéricos como o Sol, a Lúa, o Rei dos demos, a Fada,Dios Padre, etc. a través dos que se explican cousas como o nacemento dos días e das noites, os diferentes disfraces do demo, asuntos de tesouros e moitas outras cousas fantásticas.

lunes, 23 de septiembre de 2013

BIBLIOGRILO


sábado, 21 de septiembre de 2013

Recuncho de Primaria

A zona dos maiores de Primaria 2º e 3º  Ciclo.

PRESENTAMOS o noso recuncho BIBLIOGRILO

A zona dos máis pequenos do Centro.Infantil e 1º Ciclo de Primaria.